luns, 7 de novembro de 2016

Inicio das actividades do Club de Lectura – 2016-2017

O día 3 de novembro o Club de Lectura iniciou as actividades para este curso 2016-2017 na sala de xuntas do CIFP - A Farixa.

Nesta primeira reunión, na que participaron alumnos e profesores da comunidade educativa, comentáronse diversos aspectos sobre a elección dos textos, a periodicidade das reunións e a posta en marcha do blogue “clubfarixa.blogspot.com.es”

O director do CIFP Don Miguel Reza Pérez sinalou a importancia desta actividade e manifestou o seu apoio a esta iniciativa, incluída no Plan de Fomento da Lectura do noso centro, que organizan os departamentos de biblioteca e dinamización da lingua galega.

O profesor Don José Antonio González Sánchez presentou o relato ganador do - Certame Internacional de Relatos A Farixa 2016 - “Factoría de historias” de Ainhoa Ollero que será a lectura para o mes de novembro. Comentou, tamén, a Sección do blogue “Recomenda un libro” para recoller as suxestións dos membros do grupo e propoñer iniciativas.

En novembro de 2014 iniciáronse as actividades do “Club de Lectura A Farixa”, para crear unha nova plataforma de debate, reflexión, fomento do há
bito lector e o intercambio de experiencias.

1 comentario:

  1. O obxectivo dese primeiro día do club: “espertar apetito nos lectores”, por iso, grazas por compartir esta aventura. Anímovos a participar en cada discusión e a expor todas as preguntas que se vos ocorran.

    Quero terminar cunha frase de José Saramago que me gustou moito:
    “Hai quen se pasa a vida enteira lendo sen conseguir nunca ir máis aló da lectura, quedan pegados á páxina, non entenden que as palabras son só pedras postas atravesando a corrente dun río, se están alí é para que podamos chegar á outra marxe, a outra marxe é o que importa.”

    ResponderEliminar