martes, 7 de xuño de 2016

Libros para o verán.

Vou atreverme a romper o xeo nesta sección recomendando uns libros. Recorda que esta lista é, como todas, sumamente discutible, profundamente alterable e irrefutablemente mellorable. 

Para deixarse atrapar pola intriga

Don Quijote.

Andrés Trapiello. O escritor adaptou o clásico de Miguel de Cervantes ao castelán actual. Nada de notas ao pé nin aclaracións; actualización e translación do relato de Cervantes á forma de falar de hoxe en día. Tan 'quijotesca' tarefa levoulle nada menos que 14 anos e só a primeira frase -" En un lugar de la Mancha, de cuyo nombre no quiero acordarme"- quedou intacta.







Para cando hai tempo de sobras para ler.

Suite Francesa.

O cinema devolveuna á actualidade máis recente, pero Suite francesa, de Irene Nemirovsky, está considerado desde hai anos un clásico da posguerra.
A obra sitúanos en París, días antes da invasión alemá. Un falso clima de normalidade camufla a incerteza dos seus cidadáns. Pronto chegan as bombas, a fuxida, a fame e as estratexias para esquivar todos estes perigos.








Para poñerse ao día.

La luz que no puedes ver. 


Avalado polo Premio Pulitzer de Ficción 2015 e pola bendición de 'The New York Times' como unha das 10 mellores novelas do ano, Anthony Doerr aborda na luz que non podes ver a Segunda Guerra Mundial a través da figura de dous mozos de bandos opostos. Este é o seu encanto: unha novela de personaxes que non xulga, porque non quere, os feitos históricos.






Para viaxar no espazo.

Solaris. 

Un texto hoxe en día considerado un clásico sen paliativos da literatura moderna. Kris Kelvin acaba de chegar a Solaris. A súa misión é esclarecer os problemas de conduta dos tres tripulantes da única estación de observación situada no planeta. Solaris é un lugar peculiar: non existe a terra firme, unicamente un extenso océano dotado de vida e presumiblemente, de intelixencia.







Para viaxar no tempo.

Leonora. 

Amor, desamor, amigos como Dalí ou Picasso, París e a súa volta a México...todo isto e máis se mestura nun libro onde o estilo xornalístico e o literario entrelázanse para atrapar ao lector. E conségueo.
Da amizade e admiración de Elena Poniatowska e Leonora Carrington xorde esta biografía. Nesta nova etapa dos movementos feministas, a muller valente, apaixonada e loitadora que representa Carringto.



O Club de Lectura clausura as súas actividades ata o novo curso.

Na última sesión falouse das Xornadas dos Clubs de Lectura que se van a celebrar o próximo 10 de xuño en Santiago. Charlamos sobre as lecturas do verán; Para viaxar no tempo ou no espazo, para poñerse ao día dos títulos dos que máis se falou durante o ano, para abordar aqueles que necesitan moitas horas por diante ou simplemente para gozar.
Reunímonos a primeira semana de cada mes para comentar, debater e compartir lecturas nun ambiente distendido. Este ano de lectura compartida foi unha experiencia moi gratificante, un gran aliciente esta actividade, que esperamos perdure moitos anos.

Así que vos desexo a tod@s,

un bo verán e felices lecturas!
Unha aperta.