mércores, 1 de novembro de 2017

Inicio das actividades do Club de Lectura – 2017-2018

O día 7 de novembro iniciamos as actividades do Club de Lectura para este curso 2017-2018. Unha plataforma de debate, reflexión, fomento do hábito lector e o intercambio de experiencias.
A profesora Monserrat Padrón Saco presentará o relato premiado no - Certame Internacional de Relatos A Farixa - “El milagro del abuelo” de Paloma Villar Urribari, que será a lectura para o mes de novembro.

Comentaremos, tamén, a Sección do blogue “Recomenda un libro” para recoller as suxestións dos membros do grupo e propoñer iniciativas.

Falaremos sobre a elección dos textos, a periodicidade das reunións e as novas do blogue “clubfarixa.blogspot.com.es”

Animamos pois a participar nesta actividade a comunidade educativa do centro.

“A mente aberta que forxa a lectura non deixa que calquera escrito penetre en nós de maneira transcendental, o ler moito permítenos filtros, información, sentimentos e enfoques.”