“La perla” de Jonh Steinbeck y “Veronika decide morir” de Paulo Coelho.
Dámonos dous meses para poder escoller
tranquilamente o bo momento para empezar cada título. Trátase dunha das moitas
precaucións que tomamos para evitar deixar un libro a medias que non nos gusta
a ninguén.
La perla · Jonh Steinbeck
Esta novela breve narra o achado dunha perla de incalculable valor e as consecuencias que carrexa a un modesto pescador, Kino, cuxo fillo foi vítima da picadura dun escorpión. Con todo, o interese desta novela reside no enfrontamento entre dous mundos, o dos ricos e o dos pobres, e no proceso de cambio nas relacións humanas en función da situación económica das persoas. Isto explica que sexa unha novela amplamente usada na escola para convidar á reflexión ética.
Veronika decide morir · Paulo Coelho
Verónica, unha moza completamente normal, non
é feliz. Por iso, unha mañá de novembro, decide acabar coa súa vida. No seu
camiño cara á morte, Veronika experimenta praceres novos e acha un novo sentido
á vida, un sentido que lle permanecía oculto ata agora, cando talvez xa sexa
demasiado tarde para botarse atrás.
Ningún comentario:
Publicar un comentario