Coa finalidade de estreitar relacións entre os distintos membros da comunidade e establecer diálogo ao redor dos libros, poñemos en marcha no curso 2014-2015 o Club de Lectura do CIFP - A Farixa, coa participación de todo a comunidade educativa.
Finalidades. Relación co Proxecto Lector de Centro e a
Biblioteca Escolar.
- O Club de Lectura está impulsado polos departamentos de
biblioteca e normalización dá lingua galega. É unha actividade que pretende,
dunha forma lúdica, amena e entretida, achegarnos ao mundo da literatura.
- Dentro das actividades
de animación á
lectura que organiza
a biblioteca do centro, entre outras, realízase a
maquetación e publicación, en papel e formato dixital, dos relatos premiados do
Certame internacional de “Relatos A Farixa”.
- O centro dispón dunha ampla colección de obras procedentes do
certame internacional de relatos que organiza. Pretendemos que sexan as
lecturas do club durante os primeiros meses, coas que intercambiamos sensacións
e opinions sobre os textos lidos.
- Na línea do noso Club de recoller as suxestións dos membros
do grupo e propoñer iniciativas, contamos coa sección “Recomenda un Libro”.
Para este curso, poñemos en marcha o
blog do Club: http://www.clubfarixa.blogspot.com.es