domingo, 22 de novembro de 2015

Recomenda un libro


Na líña do noso Club de recoller as suxestións dos membros do grupo e propoñer iniciativas. Abrimos a sección “Recomenda un libro”.

¿Liches un libro e queres recomendalo? Deixa un comentario dando a túa opinión sobre libros, autores e películas baseadas en libros... Toda opinión é benvida, anímate.


Na próxima reunión comentaremos todas as recomendacións da sección.

6 comentarios:

  1. "Tierra!". Autor Stefano Benni:
    Unha fantasía prodixiosa ambientada no ano 2157, un eloquecido sentido do humor e un ritmo trepidante centellean no libro, ¡Tierra!, que participa da ciencia-ficción, o thriller, a fábula moral, a sátira política, o cómic e a novela de aventuras.
    Editorial Anagrama 2002.

    "Siddharta" de Herman Hesse, escrita no 1922 despois da 1ª Guerra Mundial, narra a vida do fillo dun brahman hindú, Siddharta protagoniza unha continúa búsqueda da sabiduría, entendendo este concepto dentro da tradición oriental.

    ResponderEliminar
  2. EL MIEDO DE MONTALBANO
    ANDREA CAMILLERI

    Unha obra amena, de lectura rápida e fácil para desintoxicarse da rutina. Montalbano un personaxe próximo a pesar do seu caracter, co que compartir os seus paseos por Vigata e as súas deliciosa gastronomia nas trattorias.

    Fantásticos os relatos deste libro e interesantes e curiosos os relatos curtos. En fin, recomendable 100 por 100.

    José Antonio

    ResponderEliminar
  3. Recomendo o libro El secreto de la modelo extraviada de Eduardo Mendoza

    ResponderEliminar
  4. "Llamando a las puertas del cielo", de Jordi Sierra i Fabra. Este libro é unha moi boa obra para reflexionar, xa que trata de unha rapaza que vai a India como voluntaria para axudar a esa xente, e alí se encontra con un nivel de vida moi distinto ao que ela está acostumbrada. Esto fai que pouco a pouco cambie o seu modo de ver a vida, e ensínanos dunha maneira amena algo que está pasando non so na ficción, senon no mundo real.
    Na miña opinión é unha obra moi boa que se fai fácil de ler e que te engancha.

    ("La diferencia entre la pobreza y la riqueza son
    8 horas de vuelo y 50 años de historia". - Tomás Martí Hughet).

    ResponderEliminar
  5. Agora que estamos con Pierre Lemaitre e para aqueles que lles guste que se vaian preparando para o seguinte: " El vestido de novia". Abrallante. Dende a primeira páxina, sobrecolle e non permite abandonalo. Tremendo.
    Alberto Mariño

    ResponderEliminar
  6. "Ubik" de Philip K. Dick.
    Calquera obra do Marqués de Sade, pero por citar algunha: "Filosofía en el tocador".
    Por último, "Elogio de la locura" de Erasmo de Rotterdam, pese a que sexa de corte máis filosófico.
    Quzais o máis asequible sexa o de Philip K. Dick por ser un autor de maior actualidade e cunha linguaxe máis semellante á que manexamos; ademáis a súa obra é de corte distópico, do estilo das obras de Adoux Huxley ou de George Orwell e sobretodo das de Isaac Asimov, que tan de moda están hoxe en día (autores que tamén recomendo, pero paréceme que Dick se merece un pequeno empurrón, non olvidemos que a súa obra "¿Sueñan los androides con ovejas eléctricas?" inspirou a xenial película "Blade runner")
    Saúdos e apertas.
    J. Feijoo.

    ResponderEliminar